domingo, 21 de febrero de 2021

DÌA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 

Nesta ocasión, a Xunta de Galicia celebrará o Día Internacional da Lingua Materna cunha actividade de dinamización lingüística que se emitirá en streaming desde a Cidade da Cultura de Galicia. Trátase de Puño, puñete, de Baobab Teatro, unha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 7 anos e ás súas familias, que está orientada a ofrecerlles a estas recursos para cantar e contar en galego cos seus fillos e fillas. Ao mesmo tempo, combinando as rimas, as cantigas e os contos, convida os cativos e cativas a descubrir un mundo de sensacións e de emocións a partir xogo tradicional “-Puño, puñete, que tes por dentro? -Pan e fermento! -Puño, puñete, que tes por fóra? -Pan e cebola!”.


                                                   BRINCADEIRAS YOUTUBE

              

No hay comentarios:

Publicar un comentario